Búsqueda
Mapa web
Campus UNED

Carta de servizo: Lugo

Edición 19 - registrada el 10-10-2025

Descarga a Carta de Servizos en PDF

Misión

Botón

 

O noso obxectivo é que todos os cidadáns/as da nosa contorna teñan acceso flexible ao coñecemento relacionado coa educación superior, mediante a modalidade de aprendizaxe semipresencial e a distancia, e ao desenvolvemento profesional e cultural de maior interese social.

 

Para iso integramos os seguintes aspectos:

 

· Directrices metodolóxicas da Sede Central

· Estratexias educativas do Padroado do Centro Asociado

· Iniciativas e demandas da sociedade

· Avances europeos en calidade e tecnoloxía

· Ofertas formativas da rede de centros da UNED

 

Os nosos valores

 

· Orientación ao estudante: o alumnado é o centro de todas as nosas decisións

· Profesionalidade: perseguir a eficacia e eficiencia no traballo

· Compromiso coa sociedade: participar en actividades do centro relacionadas coa sociedade

· Mellora continua: apertura ao cambio, participación en melloras e aprendizaxe permanente

· Responsabilidade social: máis alá do cumprimento da normativa vixente, xestionar todas as actividades con honradez e trato igualitario, optimizando os recursos dispoñibles e coidando o impacto medioambiental.

 

Ana Traseira Pena – Directora

Servizos académicos

Botón

Información e orientación

  • Oferta de estudos da UNED
  • Trámites administrativos, matrícula, validacións, bolsas...
  • Rexistro electrónico da UNED
  • Plans e xornadas de acollida
  • Organización académica do Centro Asociado e das aulas (horarios, recursos, comunicación)
  • Extensión universitaria e actividades culturais
  • Charlas informativas e de orientación en centros de educación secundaria
  • Acceso ao COIE UNED
  • Web e redes sociais con información académica

Titorías presenciais e telemáticas

  • Planificación de titorías
  • Orientación de actividades e métodos de aprendizaxe
  • Explicación dos contidos das materias
  • Presentación de casos reais e/ou prácticos
  • Avaliación continua do coñecemento (PEC)
  • Asesoramento para afrontar as probas presenciais

Prácticas externas

  • Supervisión e avaliación das prácticas
  • Contactos e convenios con empresas e institucións

Probas de avaliación

  • Realización de probas presenciais dos estudos da UNED
  • Acceso aos exames almacenados na rede UNED
  • Adaptación a alumnado con discapacidade
  • Centro rexistrado para os exames de Trinity College London

Actividades de Extensión Universitaria

  • Cursos de actualización profesional
  • Cursos de formación permanente con créditos universitarios
  • Conferencias e xornadas
  • Colaboración con colexios e colectivos profesionais e entidades locais
  • Actividades culturais (exposicións, viaxes, etc...)
  • Actividades de promoción da contorna

Acceso a recursos bibliográficos

  • Préstamo de material bibliográfico directo e/ou interbibliotecario
  • Sala de estudos

Utilización dos recursos tecnolóxicos

  • Videoconferencia AVIP para titoría
  • Plataformas virtuais de aprendizaxe da UNED
  • Uso persoal de equipos informáticos con conexión a internet
  • Conexión Wifi
  • Puntos de información virtual
  • Atención informática individual ao estudante

Orientación laboral e emprego

  • Acollida aos novos estudantes
  • Planificación de estudos
  • Formación en técnicas de estudo
  • Planificación do desenvolvemento profesional
  • Orientación académica e profesional
  • Apoio á inserción laboral e ao emprendemento
  • Bolsa de emprego

Publicacións

  • Edición de memoria académica e outras
  • Edición de revistas

Investigación e innovación

  • Proxecto #LugoNaturalMente
  • Transferencia e innovación
  • Docencia e formación de profesionais
  • Difusión e divulgación
ver por sedes

Compromisos de calidade

Botón

Información e orientación

  • Dispoñer de, polo menos, 1 persoa con formación adecuada para orientar directamente a matrícula en liña e resolver as dúbidas dos estudantes
  • Realizar anualmente, polo menos, 1 sesións de acollida para os novos estudantes
  • Proporcionar información académica correcta e clara, respectando a confidencialidade dos datos persoais

Titorías presenciais e telemáticas

  • Todo o profesorado titor disporá de titulación académica relacionada coa área de coñecemento que imparten e de certificación docente vixente do IUED

Prácticas externas

  • Facilitar o acceso do 100% dos estudantes de prácticas externas a organizacións ou empresas da contorna

Probas de avaliación

  • Atender todas as incidencias dos estudantes dentro do tempo de realización do exame por representantes do Centro

Actividades de Extensión Universitaria

  • Realizar todos os meses lectivos, polo menos, 2 actividades formativas e/ou culturais

Acceso a recursos bibliográficos

  • Abrir a biblioteca, polo menos, 12 horas diarias durante as semanas de realización das probas presenciais

Utilización dos recursos tecnolóxicos

  • Facilitar aos estudantes 5 ordenadores operativos de libre uso con acceso a internet

Orientación laboral e emprego

  • Prestar o servizo do COIE aos estudantes e egresados durante, polo menos, 3 horas semanais durante os meses lectivos

Publicacións

  • Publicar anualmente, polo menos, 1 número da revista do centro asociado

Investigación e innovación

  • Realizar anualmente, polo menos, 10 actividades de extensión universitaria, formativas e/ou culturais

Dereitos do estudantado

Botón
  1. A ser orientado e asistido nos estudos elixidos polo profesorado cos medios docentes máis adecuados nas materias titorizadas.
  2. A dispoñer en cada disciplina do material didáctico completo e axeitado á metodoloxía do ensino a distancia
  3. A ter acceso, ao comezo do curso, de xeito gratuíto, á información sobre as ensinanzas, modalidades titoriais e criterios de avaliación das materias e o calendario das probas.
  4. Á igualdade de oportunidades e non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión ou discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social no acceso á Universidade, ingreso nos centros, permanencia na universidade e exercicio dos seus dereitos académicos.
  5. A ser avaliados obxectivamente no seu rendemento académico, obter unha revisión da cualificación de acordo coas normas e recibir a súa notificación nos prazos establecidos.
  6. A recibir notificación das cualificacións nos prazos establecidos, así coma unha certificación válida de asistencia ás probas presenciais.
  7. Ás liberdades de expresión, reunión e asociación no ámbito universitario
  8. NOTA: Todos os dereitos do estudantado da UNED están recollidos no artigo 143 dos seus Estatutos.

Deberes do estudantado

Botón
  1. A exercer a súa condición co máximo aproveitamento e dedicación
  2. A respectar as normas de disciplina académica que se establezan
  3. A cooperar co resto da comunidade universitaria para acadar os fins da Universidade, así como para conservar e mellorar os seus servizos.
  4. A asumir a responsabilidade que levan consigo os cargos para os que foron elixidos
  5. A utilizar os medios de comunicación para coñecer as orientacións das materias nas que estean matriculados
  6. A facer un correcto uso das instalacións, bens e recursos do Centro Asociado e da Universidade en xeral
  7. NOTA: A totalidade dos deberes do estudantado da UNED atópanse recollidos no artigo 144 dos seus Estatutos

Queixas, suxestións e reclamacións

Botón
  • As queixas e suxestións de mellora pódense realizar a través da páxina web do centro, na secretaría, biblioteca e/ou Delegación de Estudantes.
  • As reclamacións poden facerse en follas de reclamacións oficiais en liña ou presenciais que poden atoparse na secretaría do Centro.
  • Tamén poden dirixirse ao Defensor Universitario
formulario QSF

Colaboración e participación

Botón
  • Os representantes dos estudantes participan na Xunta Reitora, Consello de Centro e Claustro.
  • A opinión dos estudantes sobre os servizos recibidos no Centro Asociado (docente e específicos) pode reflectirse nos cuestionarios anuais de satisfacción.
  • Os estudantes teñen acceso directo ao Equipo Directivo e aos Órganos de Xestión do Centro Asociado.

Como solicitar información

Botón
Botón
UNED Lugo

Enderezo

Tolda de Castela 4B 27169 Lugo

Horario

Lectivo: Lunes a Viernes 9:00 - 14:00 y 16:00 - 21:00  

No Lectivo: Lunes a Viernes 9:00 - 14:00.

Teléfono

982280202      WhatsApp 608577391

 

Email secretaria

info@lugo.uned.es

Página web

Facebook

YouTube

Instagram

X

Botón
Aula de Foz

Enderezo

Rúa Castelao s/n 27780 Foz

Horario

Lectivo: Lunes a Viernes 10:00 - 13:00 e Lunes a Jueves 15:30 - 20:30 

No Lectivo: Lunes a Vienes 9:00 - 13:30

Teléfono

982133699      WhatsApp 604034549  

Email secretaria

foz@lugo.uned.es

Página web

Facebook

Instagram

Botón
Aula de Monforte de Lemos

Enderezo

Casa da Cultura. Plaza de España, 3 27400 Monforte de Lemos

Horario

Lectivo: Lunes a Viernes 9:00 - 11:00 y 16:00 - 21:00

No Lectivo: Lunes a Viernes de 8:30 - 14:00

Teléfono

644901906

Email secretaria

monforte@lugo.uned.es

Página web

Facebook

Instagram

Botón
Aula de Viveiro

Enderezo

Avda. Cervantes s/n (Claustros Iglesia San Francisco) 27850 Viveiro

Horario

Período de matrícula: Lunes a Viernes de 10:30 - 12:30 y 16:00 - 21:00

No matrícula: Miércoles y Viernes 10:30 - 12:30 y Lunes a Viernes 16:00 - 21:00

No Lectivo: Lunes a Viernes 9:30 - 13:30

Teléfono

982563601      WhatsApp 624 48 48 31  

Email secretaria

viveiro@lugo.uned.es

Página web

Facebook

YouTube

Instagram

Premios y galardones

  • Premio Iberoamericano de calidad 2022

  • Premio WSIS Agenda 2030

  • Premio Iberoamericano de calidad 2017

  • Premio 500+

  • Huella de carbono